Tarxeta de visita da Superiora de las Hijas de la Caridad del Manicomio de Conjo a Ricardo Blanco-Cicerón para pedirlle axuda para mantas e lá
1915, ca.
1 folla(s) ; 6 x 10 cm. Papel. Bo.
A Superiora das Fillas da Caridade do Hospital de Conxo solicita a Ricardo Blanco-Cicerón axuda para mantas e lá para poder arranxar os colchóns, xa que hai máis ingresados e tamén é a mellor época do ano para mercar estes produtos.