Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

[Retrato de nai e fillos]
1869 / 1870 1869
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 93 x 59 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `Guyard Heros Fotogos`
No reverso, mención de responsabilidade impresa: `Guyard Hermanos / Fotógrafos`
Retrato dunha nai con dous fillos. A nai, vestida ao estilo romántico, está sentada nunha cadeira. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra escura con raias branca e colo camiseiro, abotoada por diante e unha saia branca de moito voo. Ao seu carón, recostado sobre a súa perna, está o neno máis pequeno, vestido cun mandilón branco; a nai pousa a súa man sobre o ombreiro do neno. A esquerda está o neno máis grande, vestido con camisa branca, chaqueta clara e pantalón máis escuro, calzado con botas e polainas. Entre as man sostén un caderno aberto. Detrás, unha parede panelada
FLL/Foto-19//06
Mostrar nivel inferior