Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.08 - Familia Acuña Castroviejo
01.08.03 - María Núñez Pené
01.08.03.02 - Documentos persoais
01.08.03.02.02 - Fotografías

Retrato de María Núñez Pené
1900, ca
2 postal fotográfica(s). : Positivo en branco e negro ; 98 x 63 mm. Papel.. Bo.
0
A postal forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais. Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade.
No reverso, mención de responsabilidade: Constantino Sarabia / Fotografo / Vigo
Nos reversos, anotacións manuscritas a lapis
En formato oval, retrato feminino de busto e frontal. A muller, leva chaquetiña con abotonadura central de boliñas, o colo con solapas decorado cun broche.
Castelán
FamAC/Foto-22//015
Mostrar nivel inferior