1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 117 x 85 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor italiano Correggio (1489-1534) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX
No anverso, impreso: Corrége / La Sainte Famille / Carte-Album Nº 624 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris No reverso, impreso: Défense de colorier
Representación da sagrada familia. No centro, a Virxe co Neno en brazos. Á esquerda, María Madalena bicando o pé de Xesús. Á dereita, de pé, a figura de San Xerome.