1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 90 x 60 mm. sobre cartón de 92 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade impresa: `Gran Fotografía / de / J. Mon / Puerta del Sol 5 / Madrid / Retratos y reproduciones / de todas las clases y tamaños`
Busto dun home novo de pelo curto peiteado con raia ao lado. Leva bigote e barba, pero co queixo imberbe. Viste traxe de chaqueta con camisa de colo duro de cor branca.