[Retrato dun sacerdote, posiblemente José Mª García Hervilla]
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 91 x 56 mm. sobre cartón de 111 x 60 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No anverso, mención de responsabilidade, impresa: `J. Palmeyro e Hijos Santiago` No reverso, mención de responsabilidade impresa: `J. Palmeyro é hijos / Santiago. Retratos / ampliados / hasta el / tamaño / natural / Vistas / de / monumentos / paisages / reproducciones`
Retrato dun sacerdote de corpo enteiro, co pelo moi curto e imberbe. Viste sotana e capa e sobre o peito unha muceta branca, correspondente á licenciatura en Teoloxía. No lado esquerdo hai un velador de pé torneado e mesa redonda no que descansa un libro e sobre el o barrete. O cura sostén na man un libro pechado que apoia no velador. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe apenas visible e no lado esquerdo unha cortina.