Descargar
Nivel de descrición:

Serie

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//03.06.05


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

03.06.05

1.2. Título

Angel Rial Rei

1.3. Datas

1865 . Pontevedra-Cambados

1.4. Nivel de descrición

Serie

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

Papel.
16 fotografías.4 unidade(s) de instalación compartida(s). Moi deteriorado, con pouca nitidez nas imaxes e roturas no papel.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Rial Rei, Angel, Productor

2.2 Historia Institucional/Biografía

Angel Rial Rei é un artesán experto en bordados, cun obradoiro na súa vila natal de Cambados. O seu labor está especializado na confección, bordado e restauración de pezas de indumentaria relixiosa e ornamentos litúrxicos (casulas, estandartes, panos de cáliz, estolas... É tamén especialista na elaboración de agremáns bordados ao aire, propios da indumentaria tradicional galega, outro dos seus focos de interese. Ten confeccionado traxes para diferentes agrupacións folclóricas. O material doado por el pertencera aos seus bisavós Bernardo Rial Abraldes e Ramona Cores Fernández. O matrimonio tivo 22 fillos; a familia tiña unha posición moi acomodada xa que, ademáis de dedicarse á venda e salga de peixe, cobraban os fielatos que permitían as persoas foráneas poder vender en Cambados os seus produtos. Ambos faleceron polos anos 50 do século XX.

2.3. Historia Archivística

O conxunto de fotografías, retratos principalmente, ingresaron no Museo en 2014 xunto cun centenar de pezas de indumentaria e roupa da casa.

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Angel Rial Rei
2014

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Fotografías da segunda metade do século XIX e primeiros anos do XX, unhas anónimas e outras de fotógrafos madrileños.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Moi deteriorado, con pouca nitidez nas imaxes e roturas no papel.

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias.

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz segundo indicacións de Ana Isabel Mateos Cara no ano 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Pontevedra-Cambados

8.9. Datos adicionais. Cobertura

Pontevedra-Cambados

Items .. 1860 (1) 1865 (2) 1870 (4) 1880 (2) 1890 (1) 1900 (3) 1901 (1) 1920 (3)
ARR/Foto-18//09 [Retrato feminino]

ARR/Foto-18//10 [Retrato feminino]

ARR/Foto-18//11 [Retrato infantil]

ARR/Foto-18//12 [Retrato de parella]

ARR/Foto-18//13 [Retrato masculino]

ARR/Foto-20//29 [Retrato de neneira cunha nena]

ARR/Foto-20//30 [Retrato de neneira cun bebé]

ARR/Foto-20//31 [Retrato de nena]

ARR/Foto-20//32 [Retrato de parella]

ARR/Foto-20//33 [Retrato feminino]

ARR/Foto-29//01 [Retrato dunha nena vestida de monxa]

ARR/Foto-29//02 [Retrato dunha nena]

ARR/Foto-29//03 [Retrato feminino]

ARR/Foto-29//04 [Retrato de neno]

ARR/Foto-29//05 [Retrato masculino]

ARR/Foto-32//12 [Retrato masculino]

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
000181803.06.05Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible