1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-18//38
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
FSC/Foto-18//38
1.2. Título
[Retrato feminino]
1.3. Datas
1866 / 1868
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 88 x 52 mm. sobre cartón de 101 x 62 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo2.2 Historia Institucional/Biografía
A familia de Carlos García chega a Compostela en 1830; seu pai, establécese como perruqueiro no Preguntorio abrindo o negocio Perruquería Madrid. Esta mesma profesión exercerá Carlos Garcia ata que en 1864 abre o seu gabinete fotográfico na Rúa Nova 37 que estará en funcionamento ata 1866. Entre 1866 e 1869 probablemente exerceu o oficio de forma ambulante por diferentes localidades galegas. Xa en 1869 establécese en Ourense, onde traballa ata 1874.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Familia Santos Castroviejo
2021
3.1. Alcance e contido
Retrato dunha muller de corpo enteiro, co pelo recollido. Vai vestida ao estilo romántico cun traxe claro de dúas pezas, con adornos en cor negra. Leva a man esquerda sobre o respaldo dunha cadeira. Detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `C, Garcia. / Fotógrafo`
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Indumentaria - moda internacionalnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001837 | FSC/Foto-18//38 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |