Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato masculino]
1864 / 1869 1864
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 52 mm. sobre cartón de 101 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `C. Garcia / Fotógrafo`
Retrato dun home novo, co pelo moi curto e rostro imberbe. Vai vestido de escuro con camisa, chaleco, pantalón longo e unha levita. Na súa man esquerda leva un libro, mentres a dereita vai apoiada no respaldo tallado dunha cadeira; no asento da mesma, unha chistera. Detrás, un pano de fondo que debuxa un xardín con arquitecturas
FSC/Foto-18//41
Mostrar nivel inferior