Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato de profesor universitario]
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 91 x 55 mm. sobre cartón de 95 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Gabinete / fotográfico / de / J. Palmeiro e Hijos / Santiago
Retrato dun profesor universitario de corpo enteiro, co pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido cun traxe escuro sobre o que loce a toga con muceta de cor máis clara. No lado dereito vese parte dunha mesa de catro patas torneadas como columnas salomónicas con traveseiros tallados; enriba da mesa, varios libro e sobre eles o birrete. O home leva, na súa man dereita, un libro que apoia sobre a mesa. Detrás, un pano de fondo cun zócalo decorativo pintado.
FSC/Foto-18//47
Mostrar nivel inferior