Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato masculino]
1864-04-04
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 53 mm. sobre cartón de 104 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Fotografía / de / G. Alonso Montenegro`
No reverso, data manuscrita: `4 de Abril de 64`
Retrato dun home de corpo enteiro, de pelo curto, bigote e longas patillas. Vai vestido con traxe de levita composto de camisa branca con gravata de lazo, chaleco de cor clara, levita e pantalón longo escuros. Leva unha chistera na súa man dereita, mentres que a esquerda vai apoiada nunha barandilla.
FSC/Foto-18//53
Mostrar nivel inferior