Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Torque de Melide. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 17]
1919
6 fotografí (s) : Positivo en branco e negro ; 175 x 239 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
Atopado en 1876, nun lugar sen especificar, a 6 km de Melide.
1 copia de 119 x 170 mm., coa peza apoiada nun cravo e coa numeración manuscrita: Nº 17
Dúas copias de 178 x 125 mm., coa peza apoiada nun cravo.
3 copias de 175 x 239 mm. coa peza pendurada dun cordel e a numeración manuscrita: 17 (correxindo por riba un 16). Dúas levan mención de responsabilidade manuscrita no reverso: Foto Mas / Barcelona / Nº 31026
Torque en forma de C aberto, composto por unha vareta maciza de sección romboidal e terminais ocos en dobre escocia. Carece de ornamentación.
Castelán Humanística
RBC/Foto-04//10
Mostrar nivel inferior