Nivel superior en:
ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO

03 COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS

03.06 Colección Fotográfica

03.06.04 Familia Santos Castroviejo


040 $a#HEREDA#
090 $a#HEREDA# $b#HEREDA# $e#HEREDA# $fFSC/Foto-28//01
091 $cIMAGE
110 $aFotografía Portuguesa J.B. Almeida $eFotógrafo $cSantiago de Compostela $vAlmeida, Juan Bautista
245 $a[Retrato de Jose Mª, Concha e Pilar Castroviejo Blanco-Cicerón]
300 $a1 postal fotográfica(s) $bPositivo en branco e negro $c91 x 142 mm. $hPapel $iBo
337 $a0
505 $aMención de responsabilidade, no reverso, cuño de tinta: `J.B. Almeida`
505 $aNo reverso, nota manuscrita a lapis identificando aos retratados
506 $a#HEREDA#
520 $aRetrato de estudio dun neno e dúas nenas arredor dun amplo sofá de brazos cilíndricos. O neno vai vestido de mariñeiro, está de pé apoiado nun dos brazos do sofá. Ambas nenas están sentadas no sofá, vestidas de branco; a de máis idade apoia un pé no chan. A máis pequena, de curta idade, é suxeitada por ambos irmáns.
530 $aNon existen copias
535 $aBiblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
540 $a#HEREDA#
541 $a#HEREDA# $c#HEREDA# $d#HEREDA#
545 $aOs tres retratados son fillos do matrimonio formado por Amando Castroviejo Nobajas e Concha Blanco-Ciceron e, polo tanto, netos de Ricardo Blanco-Cicerón. José Mª foi poeta, xornalista e escritor; Concha tamén foi unha coñecida xornalista e escritora. Pilar é a nai dos irmáns Santos Castroviejo
545 $aJuan Bautista Almeida estableceuse en Santiago arredor de 1907 na rúa Bautizados
545 $aJosé Mª Castroviejo estudou dereito e filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela. Na súa mocidade foi carlista, como o seu avó; posteriormente foi membro das Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS) e de Falanxe. Está considerado un dos intelectuais que formaron parte do núcleo inicial de Falange. Desde 1935 exerceu como profesor de economía política e facenda pública da Universidade de Santiago de Compostela. Logo do alzamento nacional uniuse ás forzas sublevadas, e combateu no exército «nacional». Desde 1937 foi director do xornal El Pueblo Gallego, pertencente á Prensa do Movemento. Colaborou con outras publicacións falanxistas. A súa obra literaria adoita ser incluída na chamada Antoloxía poética do Alzamento. Os seus principais traballos centráronse na poesía, aínda que tamén cultivou a prosa, colaborando en varios libros con Álvaro Cunqueiro e escribiu unha peza teatral. Colaborou na revista Nós en 1931 cun poema e defendeu o uso da lingua galega fronte ao director xeral de Prensa.
545 $aConcha Castroviejo estudou filosofía e letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde contacta e se integra nos círculos da mocidade entusiasta coa II República; entre outros, Paco Comesaña, Borobó e Joaquín Seijo Alonso, con quen ennoiva. Ían casar o 25 de xullo de 1936. O golpe de estado militar e a Guerra cámbiano todo. Testifica a favor de Paco Comesaña no xuízo sumarísimo que se segue contra el en Santiago de Compostela o 23 de decembro de 1936, acusado de comunista e alterador de masas. Isto colócaa nunha posición difícil e busca como saír. A comezos de 1937 e marcha para Bordeos. Logo reúnese con Seijo en Valencia, onde casan. Trasládase a vivir a Barcelona até febreiro de 1939 que tivo que fuxir a Francia. Consegue chegar a Bordeos e alí vive até que marcha para México. En decembro de 1949 regresa a Galiza coa súa filla María Antonia Seijo, de 8 anos. De 1951 a 1953 traballa en La Noche, o diario vespertino de Compostela asinando como Concha Castroviejo e baixo o pseudónimo de Asela. En setembro de 1953 marcha para Madrid a traballar no diario Informaciones como columnista. Entre 1962-1966 exerce de titular da crítica e contribúe ao boom da literatura hispanoamericana. É das pouquísimas mulleres que realizan este labor e a única que neses anos forma parte do xurado dos honoríficos e prestixiosos Premios da Crítica. Tamén formou parte da Asociación Internacional de Críticos Literarios
567 $aDescrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
592 $f1915, ca.
600 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Concha $qCastroviejo Blanco-Cicerón, Concepción $d1910-1995
600 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, Pilar $d1914-2006
600 $aCastroviejo Blanco-Cicerón, José María $d1909-1983
650 $aFotografías
651 $aA Coruña- Santiago de Compostela
852 $a#HEREDA#
nº ControlSinaturaUbicaciónEstado
0000064FSC/Foto-28//01Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible para préstamo