Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-28//05


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

FSC/Foto-28//05

1.2. Título

[Retrato de grupo]

1.3. Datas

1920, ca.

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 116 x 170 mm. Papel. Bo.

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )

2.2 Historia Institucional/Biografía

Fotógrafo e intelectual galego que participou na sociedade do seu tempo (foi membro da Sociedade Económica de Amigos do País) e na política municipal de Compostela. Aprendeu o oficio desde moi novo na Coruña co mestre, Luis Sellier. En 1877 abre estudio fotográfico en Santiago, destacando como retratista de gabinete e como fotógrafo comercial inmortalizando, entre outras cousas, os fondos artísticos e documentais do museo da catedral, incluído o Códice Calixtino. Algunhas das súas fotografías foron premiadas en exposicións de carácter internacional, como a Exposición Universal de París, en 1889, ou a de Chicago en 1893. Destaca a súa obra `Compostela monumental` de 1884, un porfolio con vinte catro fotografías da cidade acompañadas dun texto do historiador Bernardo Barreiro; considerada o primeiro libro de fotografías impresas editado por un fotógrafo galego en Galicia. Colaborou con publicacións da época, como a revista Galicia Moderna, editada en Pontevedra. Posuía o título honorífico de fotógrafo da Real Casa outorgado polo rei Afonso XII e condecorado coa Cruz de Isabel a Católica

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Retrato dun numeroso grupo de homes baixo uns arcos de medio punto, con dúas portas de cristais, tamén de medio punto, detrás. O grupo está distribuído en tres filas: a primeira, con seis homes sentados no chan; a segunda, con oito sentados en cadeiras de brazos e a terceira, máis numerosa, con varios homes de pé. Todos van vestidos con traxe de chaqueta e gravata, só tres con gravata de lazo.

Mención de responsabilidade, no ángulo superior dereito, cuño seco: `Chicharro / Santiago`

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Santiago de Compostela

Fotografías

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000068FSC/Foto-28//05Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible