1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-30//22
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
FSC/Foto-30//22
1.2. Título
[Retrato de Amando Castroviejo Nobajas]
1.3. Datas
1930, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 172 x 120 mm., sobre cartón de 247 x 187 mm Papel. Bo.
2.2 Historia Institucional/Biografía
Amando Castroviejo Nobajas naceu en Sorzano (A Rioxa) en 1874 e finou en Santiago de Compostela no ano 1934. Foi catedrático de Dereito Político da Universidade de Granada (1896) e despois catedrático de Economía e Facenda da Universidade de Sevilla. Dende 1907, foi catedrático de Economía Política e Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela. Precisamente é nese ano cando casa con Concha Blanco Cicerón, ca que tivo 4 fillos: Xosé María, Concha, Pilar e Ana María, quen a súa vez casou con Darío Acuña Lagos.
Home de profundas conviccións relixiosas, estas se reflicten na súa faceta política, foi propagandista do agrarismo católico, do catolicismo social e impulsor da Previsión Social. Foi concelleiro de Santiago de Compostela na ditadura de Primo de Rivera e promotor da democracia cristiá. Colaborou en Cronique Sociel de France, Revue Catolique de Cuestions Sociales e Revista de Ciencias Sociales. Foi membro da Academia de Ciencias Morales y Políticas.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Familia Santos Castroviejo
Data do ingreso
2021
3.1. Alcance e contido
Retrato de Amando Castroviejo de idade avanzada, de corpo enteiro sentado nunha cadeira de brazos de asento e respaldo tapizados. Viste traxe de chaqueta con gravata de lazo; leva a súa man dereita metida pola abertura da chaqueta
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Castroviejo Nobajas, Amando, 1874-1934 A Coruña-Santiago de Compostela Fotografías8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000267 | FSC/Foto-30//22 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |