1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//FSC/Foto-18//32
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
FSC/Foto-18//32
1.2. Título
[Retrato de Isabel Lage de Piñas]
1.3. Datas
1877-03-02 . Vigo
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 85 x 53 mm. sobre cartón de 105 x 63 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Buch y Buet, Ramón, 1842-1894, Fotógrafo . (Vigo)2.2 Historia Institucional/Biografía
Ramón Buch comezou a súa actividade como fotógrafo en 1866 na cidade de Vigo, trasladándose despois a varias localidades galegas: en 1878 traballa en Santiago de Compostela; en 1880 en Pontevedra; en 1885 na Coruña e en 1887 en Ferrol. Durante a súa traxectoria profesional tivo varios socios, tanto co seu irmán Juan como con Juan Rodríguez e Patricio Bocconi.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Familia Santos Castroviejo
2021
3.1. Alcance e contido
Retrato dunha muller de corpo enteiro, en 3/4 á dereita. Vai vestida cun traxe escuro ao estilo polisón, co pelo recollido na parte alta da cabeza e cuberto por unha mantela de blonda. Leva ambas mans apoiadas sobre unha columna que queda tapada en parte por unha cortina de raias.
No anverso, mención de responsabilidade, impreso: `R. Buch. Vigo`
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Gabinete Fotográfico / R. Buch / Vigo`
No reverso, nota manuscrita: `Un recuerdo á mi querida y simpática amiga Amalia en prueba del cariño que le profesa su invariable amiga Isabel Lage de Piña. Marzo 2 / 877
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Indumentaria - moda internacionalnº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0001831 | FSC/Foto-18//32 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |