Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

[Retrato de dúas mulleres]
1867-02-10
1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 87 x 51 mm. sobre cartón de 101 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, selo de tinta: `C. Garcia / Fotógrafo`
No reverso, nota manuscrita: `Para Juanito de su prima Dolores Rodal Bermúdez de Castro. Cangas, Fbro. 10 de 1867
Retrato de dúas mulleres vestidas ao estilo romántico, unha sentada nunha cadeira e outra de pé ao seu carón. A que está de pé viste unha chaqueta escura, na que destaca un colo branco, e unha saia clara de raias. A muller sentada na cadeira vai toda de escuro, cun traxe de dúas pezas, coa chaqueta adornada con agremán bordado; sobre as pernas, ten un album de fotografías aberto. Detrás, un pano de fondo cunhas árbores á dereita.
FSC/Foto-18//42
Mostrar nivel inferior