1 fotografía(s). Cabinet : Positivo en branco e negro ; 138 x 98 mm., sobre cartón de 162 x 110 mm Papel. Bo.
0
Bernhard Wachtl, autor do cartón, foi un litógrafo austríaco, cuxa imprenta tiña a súa sede en Viena. A súa obra está datada principalmente na segunda metade do século XIX e se pode rastrexar tanto en Austria como en paises mediterráneos.
Mención de responsabilidade, no anverso do soporte secundario, litografado: `Alviach - Madrid` Mención de responsabilidade, no reverso do soporte secundario, litografado: `Alviach / Madrid / Puerta del sol 14` Mención de responsabilidade do cartón, no reverso, litografado: `Bernhard Wachtl Vienne`
Retrato dunha moza cos brazos cruzados apoiados sobre unha barandilla de madeira torneada. Viste de cor escura e leva un sombreiro de aba ancha adornado con plumas.