1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 84 x 123 mm Bo.
0
No anverso, á dereita, cuño de tinta: `Recuerdo / de Mondariz`
Grupo de usuarios do balneario de Mondariz posando na escalinata de acceso á Fonte de Troncoso. A maioría son homes, uns vestidos á moda internacional, con traxes e canotiers e outros con indumentaria máis popular, con boinas, chaquetas ou blusóns. Nas mulleres tamén se aprecian as diferencias sociais entre as burguesas, vestidas á moda, e as das clases populares, con panos da cabeza e toucas.