Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[Retrato feminino]
1900, ca.
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 392 x 289 mm. Papel. Bo.
0
Parece unha ampliación antiga retocada.
Retrato de corpo enteiro dunha muller nova co pelo ondulado partido á metade con raia ao medio e recollido na parte posterior da cabeza. Leva pendentes longos, camisa branca e dengue; sobre o dengue, un pano branco; de cintura para abaixo leva unha saia e un mantelo. Ten aneis en ambas mans e nunha delas leva un pano branco. A fotografía vai toda retocada e debuxada, tanto a cara como as xoias e os detalles da roupa.
CFX/Foto-26//01
Mostrar nivel inferior