Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[O vello da zanfona]
1924
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 402 x 303 mm. Papel. Bo.
0
Trátase dunha copia ampliada da fotografía orixinal, que é propiedade do Museo de Pontevedra. Foi cedida ao MPG para ser utilizada na Sala dos Instrumentos Musicais. Esta fotografía non se atopa baixo dominio público. Contido non dispoñible por dereitos de autor. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución. Non está permitida a súa visualización pública nas plataformas web do MPG nin a cesión a terceiras persoas para a súa reprodución.
Mención de responsabilidade, sinatura, no ángulo inferior esquerdo: `Pintos / Pontevedra`
Retrato de algo máis de medio corpo dun home de avanzada idade, de barba branca e sen bigote, cunha zanfona nas mans. Viste un sombreiro de copa redondeada e aba ancha, cos laterais domeados cara arriba, e un blusón castelán cun chaleco negro por riba. Sobre o ombro dereito apoia unha vara. Leva pendurada a zanfona do seu lado dereito, coa man dese lado collendo o veo que acciona a roda; a man esquerda vai pousada sobre a caixa cos dedos postos sobre o teclado.
CFX/Foto-26//13
Mostrar nivel inferior