Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.99 - Manuel Vilar Álvarez
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//MVA/Foto-29//23


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

MVA/Foto-29//23

1.2. Título

Mugia: Rampa varadero

1.3. Datas

1940 / 1949

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 104 x 156 mm Bo.

Papel

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Foto Vidal, Fotógrafo Vidal García, José Mª

2.2 Historia Institucional/Biografía

José Mª Vidal García (1900-1988), natural de Laxe, aprendeu a fotografía do seu pai, Plácido Vidal Díaz (1867-1956) fotógrafo afeccionado. Comezou a exercer como fotógrafo a partires de 1924; neses anos xa anunciaba os seus servizos como fotógrafo na feira de Baio. Compaxinaba o seu labor de fotógrafo con outros traballos máis estables como o de carteiro local. Durante os anos de Guerra Civil, a súa actividade diminuíu, pero a mediados dos anos 40, e grazas a implantación do DNI, o seu traballo volveu a medrar. Traballou tanto en Laxe como en Corme, Ponteceso e outras localidades da Comarca de Bergantiños e da Costa da Morte

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Manuel Vilar Álvarez
Data do ingreso
2017

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Vista parcial do porto de Muxía cunha rampa de acceso ao mar. Na parte superior da rampa, hai varias persoas traballando e varias lanchas e un barco subidos á parte alta do peirao. Ao fondo, unha liña de casas

Mención de responsabilidade, no ángulo inferior dereito: `Foto Vidal`
Nota manuscrita no reverso: `Mugia: Rampa varadero Nº 26`

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Material

Papel

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

A Coruña-Muxía

Portos e peiraos
Fotografías

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Muxía

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0000142MVA/Foto-29//23Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible