1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 121 x 80 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor francés Eugéne Laville (1814-1869) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX
No anverso, impreso: Laville / Le chemin du Calvaire / Carte-Album Nº 685 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris No reverso, impreso: Défense de colorier No anverso, estampado: Goupil et Cie
Representación da subida ao monte Calvario. No centro, as santas mulleres de costas; á esquerda un home agachado tras unha rocha cunha man na cabeza, en actitude de aflición; á dereita, tres homes de pé axudando a unha muller chorando.