1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 195 x 121 mm. sobre cartón 218 x 129 mm. Papel.. Bo.
0
José María Castroviejo Blanco-Cicerón, foi o fillo de Concha Blanco-Cicerón e Amando Castroviejo Nobajas, polo tanto neto de Ricardo Blanco-Cicerón.
No anverso da tapa, mención de responsabilidade, impresa: `KÂULAK / Art. Phot. / Alcalá 4 / Madrid` .
No anverso cartón, mención de responsabilidade, impresa: `KÂULAK / Art. Phot. / Alcalá 4 / Madrid`.
No papel protector, mención de responsabilidades, impresa: `Fotografías / Kâulak / Alcalá, 4 - Madrid`.
No reverso, manuscrito: `José María Castroviejo y B. Cicerón / Octubre de 1912` A fotografía vai sobre un cartón, leva un papel cebola de protección e unha carpetiña de cartón.
Retrato de neno de corpo enteiro e sedente sobre un tallo de vimbio con almofadón. O neno, con pelo longo e floco sobre a fronte, mirando ao espectador, ten unha man apoiada no respaldo dunha cadeira. Viste camisa branca e pantalón curto da mesma cor; leva colgando no peito unha medalla.