1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 92 x 58 mm. sobre cartón de 104 x 64 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
Busto feminino en 3/4 á dereita, dunha moza co pelo peiteado con raia ao medio e recollido en dúas trenzas. Viste unha chambra de cor clara adornado cunha dúas cintas máis escuras no peito. No pescozo leva unha cinta negra da que pendura un camafeo