Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Torques de Recadieira I. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 16]
1919
6 fotografí (s) : Positivo en branco e negro ; 177 x 239 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Atopado, cara a 1885 no Castro de Recadieira, na parroquia de Nosa Señora do Remedios de Mondoñedo, de onde proceden outros achados.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
1 copia de 122 x 168 mm. coa peza apoiada nun cravo e sobre fondo gris, e coa numeración manuscrita: Nº 16.
3 copias de 177 x 239 mm. coa peza recortada sobre fondo branco e xirada. Unha das copias leva mención de responsabilidade no reverso: Foto Mas / Barcelona / Nº 31024
2 copias de 125 x 180 mm. coa peza apoiada nun cravo e sobre fondo gris,
Colar ríxido en forma de C, composto por unha vareta maciza de sección romboidal e remates bitroncocónicos. Carece de ornamentación
Castelán Humanística
RBC/Foto-04//09
Mostrar nivel inferior