Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Colar de Chaos de Barbanza. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 13]
1919
6 fotografí (s) : Positivo en branco e negro ; 177 x 240 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
As doas apareceron casualmente xunto con outras pezas de bronce en 1893 en Chaos do Barbanza, na parroquia de Cures, Boiro; a datación do arame non se corresponde coa das doas. A peza, tras pasar polas mans dun xoieiro de Noia, entrou na colección de Blanco-Cicerón.
1 copia de 106 x 145 mm. sobre cartón, co arame aberto e a numeración manuscrita: Nº 13
2 copias de 122 x 180 mm, co arame aberto.
2 copias en brillo de 177 x 240 mm. co arame pechado e a numeración manuscrita: 13. Unha delas, leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº 31034
1 copia en brillo, de 118 x 162 mm., co arame aberto e nota manuscrita no reverso: F. Acuña / Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
Peza de ouro que presenta a forma dun colar articulado composto por un arame de sección circular martelado cos extremos dobrados cara a fóra, a xeito de ganchos de pecho; o dito arame parece que foi engadido posteriormente ao achado; leva ensartadas nove doas macizas bitroncocónicas, con perforación central, de distintos tamaños.
Castelán Humanística
RBC/Foto-04//06
Mostrar nivel inferior