Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Dúas gargantillas do castro Monte dos Mouros. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón, nº 6 e 7]
1919
11 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 178 x 237 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
Foron atopadas en 1888 no castro de Monte dos Mouros, no concello de Toques.
Numeracións manuscritas: Nº 7 Nº 6
3 copias de 125 x 180 mm. coas dúas gargantillas pousadas nunha superficie plana. A copia en brillo leva no reverso unha nota manuscrita: `F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón`
1 proba de negativo de 165 x 225 mm. coa gargantilla grande (nº 6), pendurada dun cordel. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: `Arxiu Mas / Barcelona`. No reverso, cuño de tinta e manuscrita, ficha da fotografía do Arxiu Mas
1 copia de 72 x 162 mm. coas dúas gargantillas pousadas nunha superficie plana, con anotacións a tinta dos números 7 e 6
2 copias de 177 x 235 mm, coa gargantilla grande (nº 6), pendurada dun cordel. Ambas levan no anverso o nº 6 manuscrito. Unha delas ten mención de responsabilidade no reverso, manuscrita: `Foto Mas / Barcelona / Nº 31032
4 copias de 178 x 237 mm, coa gargantilla pequena (nº 7), pendurada dun cordel. Todas levan no anverso o nº 7 manuscrito. Unha delas ten mención de responsabilidade no reverso, manuscrita: `Foto Mas / Barcelona / Nº 31040
Fotografías correspondentes ás pezas números 6 e 7 da colección de Blanco-Cicerón, dúas gargantillas de ouro do castro do Monte dos Mouros. A peza de maior tamaño está formada por unha lámina rectangular curvada en forma de C con estreitamentos nos extremos. A parte central presenta trece cortes lonxitudinais que forman catorce tiras repuxadas. Nos extremos, dobrados formando pestanas para efectuar o cerramento, presenta decoración puntillada de liñas verticais polo reverso. A máis pequena é unha banda de forma rectangular curvada que se estreita cara aos extremos, onde leva dúas perforacións en cada un para o cerramento da peza. A parte central presenta sete tiras conseguidas pola rotura da folla e posterior repuxado destas. Nas extremidades leva unha decoración de liñas horizontais e verticais realizadas mediante un puntillado desde o interior.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//02
Mostrar nivel inferior