Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Torque do Cu do Castro. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 15]
1919
13 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 164 x 224 mm. sobre cartón 197 x 252 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
Foi atopado no castro de Marzán, concello de Foz, no lugar coñecido como O Cu do Castro.
2 copias de 120 x 168 mm. coa peza apoiada nun cravo e a numeración manuscrita: Nº 15. Unha vai pegada sobe cartón e a outra sobre un papel de 122 x 188 mm.
2 copias de 122 x 180 mm. coa peza apoiada nun cravo
2 copias de 176 x 239 mm. coa peza pendurada dun cordel e a numeración manuscrita: 15. Unha delas, leva no reverso a mención de responsabilidade: Foto Mas / Barcelona / nº 31028
1 copia en brillo de 118 x 170 mm. coa peza apoiada nun cravo e nota manuscrita no reverso: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
2 copias de 164 x 223 mm. sobre cartón de 197 x 253 mm., coa peza pendurada dun cordel e a numeración manuscrita: 15. Ambas copias levan mención de responsabilidade no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso do cartón, impresa e mecanografada, a ficha do negativo do Arxiu Mas.
2 copias en brillo de 176 x 240, coa peza pendurada dun cordel e en prespectiva oblicua, coa numeración manuscrita: 15. Unha das copias leva mención de responsabilidade manuscrita no reverso: Foto Mas / Barcelona / Nº 31029
1 proba de negativo de 167 x 226 mm., coa peza pendurada dun cordel e en prespectiva oblicua. Leva mención de responsabilidade no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, cuño de tinta e manscrita, a ficha do cliché do Arxiu Mas
1 copia de 164 x 223 mm. sobre cartón de 197 x 253 mm., coa peza pendurada dun cordel e en prespectiva oblicua, coa numeración manuscrita: 15. Leva mención de responsabilidade no ángulo inferior esquerdo, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso do cartón, impresa e mecanografada, a ficha do negativo do Arxiu Mas.
Torque composto por unha vareta de sección circular maciza e cun só terminal oco en dobre escocia. Os dous terzos laterais están cubertos por arames enrolados que forman 31 espiras nun lado e 29 no outro. O terzo central presenta na cara externa unha decoración de filigrana aplicada que forma catro bandas paralelas de oitos separadas por cordonciños sogueados ou simples.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//08
Mostrar nivel inferior