Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Dous aros das proximidade de Lugo e brazalete do castro do Monte dos Mouros. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 1, 2 e 3]
1919
8 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 176 x 239 mm. e inferiores Papel.. Bo.
Os aros de ouros foron atopados nun castro das proximidades da cidade de Lugo en 1887. O brazalete, tamén de ouro, a 4 quilómetros do castro dos Mouros da parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
4 copias coas pezas distribuídas verticalmente, de 167 x 114 mm., sobre cartón 170 x 118 mm. Todas levan manuscrito a tinta, a carón de cada peza, os números 1, 2 e 3.
1 copia coas pezas distribuídas verticalmente, en brillo, de 171 x 118 mm. No reverso, nota manuscrita a lapis: `F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón`
1 proba de negativo coas pezas distribuídas horizontalmente, de 105 x 224 mm. Mención de responsabilidade, no ángulo inferior esquerdo, cuño seco. Arxiu `Mas` / Barcelona. No reverso, cuño de tinta e manuscrito, a ficha da imaxe do Arxiu Mas
2 copias coas pezas distribuídas horizontalmente, en brillo, de 176 x 239 mm, coas numeracións 2, 3, 1 baixo cada peza. Unha delas leva no reverso a mención de resposabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / nº 31042
Fotografías correspondentes as pezas números 1, 2 e 3 da colección de ourivería de Blanco-Cicerón. Trátase de dous aros de ouro de sección circular, un deles pechado, e un brazalete ríxido de `tipo gallonado`. Nunha imaxe as pezas están dispostas verticalmente e na outra horizontalmente.
Castelán. Catalán. Humanística
RBC/Foto-04//01
Mostrar nivel inferior