Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Brazaletes de Moimenta. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 8 e 9]
1919
11 fotografía (s). : Positivo en branco e negro ; 135 x 226 mm., sobre cartón 197 x 253 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Pezas que formaban parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
Atopados en 1914 nos Coto dos Castros, lugar de Moimenta, parroquia de San Xiao de Arnois (A Estrada).
3 copias de 118 x 167 mm. cos brazaletes contrapostos, un coa abertura para diante e o outro para atrás, recortados sobre fondo branco. Unha das copias vai pegada en cartón e leva no anverso unha nota manuscrita; nº 8 y 9. A copia en brillo leva unha nota manuscrita no reverso: F. Acuña / Castroviejo / Colección Blanco Cicerón / Brazalete de Moimenta
1 proba de negativo de 106 x 207 mm. con ambos brazaletes vistos pola parte pechada e recortados sobre fondo branco. No ángulo superior dereito, mención de responsabilidade, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, cuño de tinta e manuscrita, a ficha da imaxe do Arxiu Mas.
4 copias de 135 x 226 mm., sobre cartón 197 x 253 mm. con ambos brazaletes vistos pola parte pechada, tres delas coas pezas recortadas sobre fondo branco e unha coas pezas sobre fondo gris. Todas as copias levan a anotación manuscrita dos números 8 e 9. No ángulo inferior dereito, mención de responsabilidade, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, impresa e mecanografada, a ficha da imaxe do Arxiu Mas.
3 copias en brillo de 178 x 238 mm., con ambos brazaletes vistos pola parte pechada e recortados sobre fondo branco. Todas as copias levan a anotación manuscrita dos números 8 e 9 en cor azul. Dúas das copias leva unha nota manuscrita en negro na parte inferior: `Brazaletes tipo gallonado. Quedan sin numerar por no constar en el catálogo` . A terceira copia pon, unicamente: `Sin nº`
Fotografías dos dous brazaletes de ouro iguais, que só se diferencian na altura. Trátase dunhas pezas cilíndricas abertas de ouro laminado, decoradas con sete nervios horizontais que rematan nos extremos con tres paralelos verticais formando rectángulos concéntricos. Estes nervios están enmarcados por catro filetes que bordean toda a peza.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//03
Mostrar nivel inferior