Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Torque de Viladonga. Colección de ourivaría Blanco-Cicerón nº 21]
1919
8 fotografía(s) e 1 postal fotográfica : Positivo en branco e negro ; 177 x 240 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Foi atopado en 1911 no Castro de Viladonga, concello de Castro de Rei.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
1 postal fotográfica de 89 x 139 mm.
5 copias de 118 x 167 mm., tres delas coa numeración manuscrita: Nº 21. A copia en brillo leva no reverso a anotación manuscrita F. Acuña Catroviejo / Colección Blanco Cicerón
1 proba de negativo de 167 x 225 mm. con mención de responsabilidade no ángulo superior dereito, cuño seco: Arxiu Mas / Barcelona. No reverso, ficha de catalogación do cliché do Arxiu Mas en cuño de tinta e manuscrita.
2 copias de 177 x 240 mm., coa numeración manuscrita: 21. Unha delas leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº C. 31046
Torque composto por unha vareta de sección circular e remates ocos piriformes. Os terzos inferiores da vareta están recubertos por arames enrolados que forman 53 espiras nun lado e 57 no outro, mentres que a parte central, totalmente lisa, aparece coutada por dúas aplicacións de filigrana dispostas en espiral arredor de dous botonciños centrais.
Castelán. Catalán Humanística
RBC/Foto-04//13
Mostrar nivel inferior