Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

[Torque de prata de Mondoñedo ou da Recadieira. Colección de ourivaria Blanco-Cicerón nº 26]
1919
6 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 180 x 236 mm. e inferiores. Papel.. Bo.
Foi atopado en 1884 cerca do castro de Recadieira, concello de Mondoñedo.
Peza que formaba parte da colección de ourivaría Blanco-Cicerón, vendida polos seus herdeiros a Álvaro Gil Varela quen a cedeu en depósito ao Museo Provincial de Lugo en 1974. Tras a morte de Gil Varela, a súa familia solicitou, en 1999, cambios no contrato de cesión e, ante a falta de resposta, o caso acabou nos tribunais. Finalmente, o Supremo dá a razón aos herdeiros de Gil Varela que en outubro de 2013 retiran a colección do Museo de Lugo. Por fin, en 2015, declarada xa a colección como BIC, a familia e a Deputación chegan a un acordo regresando as pezas ao Museo a cambio de 2,3 millóns de euros.
1 copia de 106 x 143 coa peza pendurada dun cravo sobre fondo branco e a numeración manuscrita: Nº 26
3 copias de 188 x 122 mm., coa peza pendurada dun cravo sobre fondo branco. Unha das copias, en brillo, leva no reverso a nota manuscrita: F. Acuña Castroviejo / Colección Blanco Cicerón
2 copias de 180 x 236 mm., coa peza pendurada dun codel sobre fondo gris e coa fractura lateral desprazada. Levan a numeración manuscrita 26, unha delas tachada e correxida como 23. Esta mesma copia leva no reverso a mención de responsabilidade manuscrita: Foto Mas / Barcelona / Nº 31033
Colar ríxido formado por dous arames grosos e outros dous máis finos e retorcidos, torsionados en forma de soga e soldados nos extremos nunha vareta de sección circular adelgazada cara aos remates en forma de gancho cos extremos voltos, que, pola súa vez, están decorados cun ensanchamento globular no centro e un cono no final. Presenta unha decoración ternaria de tres oitos expandidos na zona funicular, así como unha serie de liñas incisas de puntos, círculos con punto central e arquiños, situados na variña lisa.
Castelán Humanística
RBC/Foto-04//15
Mostrar nivel inferior