1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 125 x 88 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor francés Vicent Chevilliard (1841-1904) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproduccións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-album formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: V. Chevilliard / Le degustateur / Carte-Album Nº 611 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris No reverso, impreso: Défense de colorier
Figura dun home catador de viño, de pé no centro da composición. Leva vestimenta eclesiástica e un mandil longo. Coa man esquerda levanta unha copa de viño, e coa dereita agarra unha botella que apoia sobre un barril.