1 fotografía(s), carte-gabinete. : Positivo en branco e negro ; 103 x 77 mm. sobre cartón 165 x 108 mm. Papel.. Bo.
0
Imaxe copiada da obra pictórica do mesmo nome do pintor Gustave Adolphe Chassevent-Bacques (1818-1901) Goupil & Cie. foi unha empresa editora de reproducións de arte, en gravado e fotografía, fundada en París en 1850, a continuación de maison Goupil, creada en 1829, e que durou en activo catro décadas. A carte-gabinete formaba parte dunha colección editada por Goupil et Cie, ilustradas con imaxes copiadas das obras dos máis importantes pintores da historia da arte ata o século XIX.
No anverso, impreso: Chassevent / Le sommeil de l`Enfant Jesus / Carte-Album Nº 800 - Goupil et Cie, Editeurs, Paris No reverso, impreso: Défense de colorier No anverso, estampado: Goupil et Cie
Representación do Sono de Xesús. No centro da imaxe, o Neno durmindo nun berce. Á esquerda, dous anxos que vixían o sono ; á dereita, a Virxe e ao fondo, a figura de San Xosé.