1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 98 mm. sobre cartón 167 x 108 mm. Papel.. Deteriorado.
0
A fotografía forma parte dun álbum con pregamento `Patent`, con tapas marróns decoradas con motivos florais en relevo. No interior quince páxinas co filo dourado, que presentan distintos formatos de ventás para expor as imaxes, moitas pintadas con varios motivos florais.
Este tipo de pregamento naceu en 1864. Ata ese momento os álbums tiñan pouca flexibilidade e debilidade na estrutura de unión, o pregramento, solventaba o problema, ao incluir fitas de algodón, facendo unha especie de bisagra que permitía abrir totalmente o libro e aumentaba a súa durabilidade. Ramona era irmá de María Núnez Pene, casada con Joaquín Acuña Soaje.
No anverso do soporte secundario, mención de responsabilidade: L. Nóvua / Vigo No reverso, dedicatoria: Dedicada á mi querida hermana eñ 1º de Octubre de 1886 / Ramona Nuñez
En formato vertical retrato feminino de busto e frontal. A muller leva chaquetiña con dobre abotonadura de boliñas no peito e colo alto. Leva os cabelos recollidos no alto da cabeza cun moño e floco sobre a fronte.