1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 89 x 55 mm. sobre cartón de 93 x 62 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, litografado: `Pica - Groom / Fotógrafo / 18 Calle del Obispo / 32 Calle de la Blanca`
Retrato dun home de algo máis de medio corpo, sentado, co pelo moi curto e imberbe. Leva camisa escura cun alto colo ríxido, tamén escuro cunhas bandas máis claras, chaleco, chaqueta e pantalón longo escuro. Nas mans sostén un fino caxato.