Carta de Adolfo Bonilla a Amando Castroviejo sobre a súa rutina e amizades de Galicia
1918-04-19
4 folla(s) ; 16 x 22 cm. Papel. Regular.
Adolfo Bonilla y San Martín comenta con Amando Castroviejo a súa rutina tras deixar a Inspección e as loitas que está levando a cabo no mundo político e universitario. Recorda amizades do seu paso por Galicia, ademais dalgúns comúns co propio Castroviejo, outros familiares de la Riva, e particularmente a Ricardo Blanco-Cicerón, restablecido dunha enfermidade, e a quen quere visitar para disfrutar da súa colección. Menciona a Concha, non restablecida dos seus males e tamén aos fillos do seu amigo.