Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.06 - Coleccións facticias
01.07.06.02 - Coleccionismo
01.07.06.02.01 - Arte
RBC/Foto-11 - Fotografias

[Tesouro de Recouso]
[S.n.]
1920, ca.
2 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 115 x 165 mm. Papel.. Bo.
0
O tesouro de Recouso, un conxunto de pezas de ourivaría do século II a.C. atopadas en 1921 no castro de Recouso ao traballar a terra. Composto por dezaseis arracadas penanulares decoradas con filigrana e/ou granulado, dez cadeas ou anacos de cadeas (a maioría delas con terminais ornamentais), un terminal de cadea, sete anacos de aneis de suspensión, dous fragmentos probablemente pertencentes a unha peza de peche e catro tortas de fundición elaboradas cunha aliaxe de ouro e prata. As pezas contiñan no interior anacos de carbón e foron datadas con carbono-14 no século II antes da era actual. A maior parte do atopado estivo en mans de particulares ata 2002 cando foi levado ao Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Unha arracada está no Museo Provincial de Lugo.
A fotografía forma parte dun álbum con tapas plásticas de cor azul, no interior, doce follas de cartón tamén azul co extremo aberto para poder introducir a fotografía. Dimensións: 18.8 x 23.2 x 2.7 cm. A copia está solta.
Vista xeral dun conxunto de ourivaría formado por dezaseis arracadas e dez cadeas. Nota manuscrita con peso total do conxunto.
Castelán
RBC/Foto-11//026
Mostrar nivel inferior