1.1. Código de referencia
ES.GA.15708.AMPG./01.07.06.02.01.//RBC/Foto-09//10
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
RBC/Foto-09//10
1.2. Título
[San Xosé con Neno]
[S.n.]
1.3. Datas
1896-01-02 . Santiago
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 167 x 232 mm. sobre cartón 273 x 340 mm. Papel.. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela ) Sanmartín y Serna, Juan, 1830-1898, Escultor2.2 Historia Institucional/Biografía
Fotógrafo nado en Verín. Instalado en Compostela en 1889, onde abre estudios na rúa do Vilar 43 e 49. Desenvolvendo a súa actividade fotográfica a entre 1890 e 1910.
Foi fillo dun enxeñeiro de obras públicas, o que fixo que residira en diversas localidades, Carril, Padrón e Compostela desde 1864, amais de Verín onde naceu.
En 1889 a prensa informa da apertura dun estudo na rúa do Franco que nunca chegou a abrir; un ano despois, ten novo estudo no nº 43 da rúa do vilar (o que antes fora o estudo de Pedro Varela), rexistrado primeiro baixo o nome “Fotografía Artística de Ernesto Carrero”, despois como “E. Carrero”. En 1907 trasládase ao nº 49, da mesma rúa, sendo a derradeira ubicación, e dado de baixo en 1910. Fotógrafo republicano e masón, destacou como retratista e como fotógrafo documental, de tipo monumental e de eventos, tirando fotografías do traslado dos restos de Rosalia de Castro a Bonaval en 1891 e a visita de Curros Enríquez á tumba da primeira en 1904.
2.4. Forma do ingreso
Doazón
Fernando, Rosina e Margarita Acuña Castroviejo
2012 e 2016
3.1. Alcance e contido
Escultura sobre peaña cuadrangular. Figura sedente de home barbado con manto sobre os ombros, con neno espido nos brazos.
No reverso, mención de responsabilidade, selo húmido azul: `CARRERO GOYANES / 43, RUA DEL VILLAR, 43 / Santiago
No anverso, manuscrita: `Al Excmo Sr. Don Julian (ilexible ) / Juan Sanmartin - Santiago 2 Enero / 1896
O cartón leva unha orla xeométrica en dourado
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restricción marcada pola lei vixente. O acceso está suxeito á: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia. Tamén á Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, e que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, e máis o propio Regulamento da Biblioteca eo Arquivo do Museo do Pobo Galego.
4.2. Condicións de reprodución
Acceso libre coas restricións establecidas pola Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule o Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego.
Para a consulta da obra orixinal síguese á lexislación da Propiedade Intelectual, e así queda excluída a copia da documentación consultada.
Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.3. Lingua/Escritura(s) da documentación
Castelán
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
5.4. Nota de Publicacións
[S.n.]
6.1 Nota xeral
Fotografía da escultura de `San Xosé`, obra do escultor compostelán Juan Sanmartin.
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Alexa García Pose e Ana Isabel Mateos Vara baixo a supervisión de Rosa Méndez García no ano 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
A Coruña-Santiago de Compostela Escultura8.3. Datos adicionales: Editor si procede
[S.n.]
8.9. Datos adicionais. Cobertura
A Coruña-Santiago de Compostelanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0002575 | RBC/Foto-09//10 | Ricardo Blanco-Cicerón e Familia Acuña Castroviejo 2020 | Disponible |