1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 140 x 90 mm. Papel. Bo.
0
R. Guilleminot, Bœspflug et Cie, con sede en París, foi un fabricante de pranchas e papeis fotográficos, incluíndo papeis para a impresión de postais fotográficas. A empresa foi fundada por Gustave Guilleminot (1830-1895) en 1858 en París e pechou en 1994. O xenro de Guilleminot, Émile Bœspflug (1869-1951), converteuse no socio do seu irman, René Guilleminot († 1941), e fíxose cargo da xestión financiera e comercial da empresa.
Fabricante do papel, no lado esquerdo do reverso, impreso: `R. Guilleminot, Bœspflug e Cia. Paris Data manuscrita no anverso: `Madrid, 27 octubre 1914 Texto manuscrito no reverso, dirixido a Carmen Domínguez de Sierra, de Pontecesures. Postal circulada con selo de Afonso XIII e timbre postal con data.
Retrato dun home sentado nun muro de pedra nun xardín cunha árbore detrás. Leva no colo a unha nena vestida de branco e cos brazos ao redor do pescozo do seu pai e a un neno pequeno; sentado no chan, ao redor del, outros tres nenos.