1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 239 x 297 mm. Papel. Bo.
0
Nota manuscrita no reverso con localización e a data.
Grupo de mariñeiros, a maior parte deles rapaces, recollendo as redes do xeito que están postas a secar tendidas no chan nun campo de herba, formando ringleiras. Cada un deles recolle un pano de rede cargándoo sobre o ombreiro. En segundo plano, unha muller fai o mesmo traballo, cargando tamén as redes. Ao fondo, unha casa, dous hórreos de pedra e varias construcións máis.