1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 91 x 56 mm. sobre cartón de 106 x 63 mm. Papel. Regular.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade, impreso: `Fotografía / Madrileña / Eliseo Segond / Zapateria Vieja Nº 16 / Santiago`
Retrato dunha muller de corpo enteiro, vestida cun traxe claro de dúas pezas ao estilo romántico, co brazo esquerdo apoiado nunha cadeira co respaldo tallado.