1 fotografía(s) carte-de-visite : Positivo en branco e negro ; 93 x 55 mm. sobre cartón de 93 x 59 mm. Papel. Bo.
0
As cartes-de-visite ou cartas de visita son un formato fotográfico para retratos de estudio que permitiron a difusión da fotografía grazas ao abaratamento das copias. Tiveron un enorme éxito, poñéndose de moda o seu intercambio e coleccionismo.
No reverso, mención de responsabilidade incompleta en etiqueta impresa: `Fotografía Ven_______ - Madrid Visitac_________` No reverso, nota manuscrita: `Recuerdo á mi queridisima Eduarda Matos en prueva (sic) de lo mucho que la quiere su siempre amiga Conchiña`
Retrato dunha muller de más de medio corpo, de pé co pelo recollido nun alto moño, caendo varios caracois por detrás. Vai vestida ao estilo belle epoque cun traxe escuro dunha peza abotoado por diante e cun cinto; sobre o peito, unha gran lazada cun camafeo. Leva un brazo apoiado nunha repisa de madeira con varios libros. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha columna