Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.97 - Manuel Beiras García
03.06.98.02 - Fotografías de indumentaria e outras
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.98.02.//MBG/Foto-20//69


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

MBG/Foto-20//69

1.2. Título

[Instalación de Galicia na Exposición do traxe de Madrid]

1.3. Datas

1925

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 95 x 133 mm Bo.

Papel

2. Área de contexto

2.1. Produtor-Institución

Fotografía Prats y Chavarino, Fotógrafos (Madrid) Prats, Antonio

Museo del Traje (Madrid) . Centro de Investigación del Patrimonio Etnológico

2.2 Historia Institucional/Biografía

A exposición del `Traje Regional e Histórico` foi inaugurada o 18 de abril de 1925 na Biblioteca Nacional. A primeira parte reproducía una serie de escenas de fogares, lugares tradicionais e cadros de costumes. A continuación viña o `Salón de Trajes Regionales´, no que se colocaron, agrupados en dez rexións, una serie de manequíns cos diferentes traxes típicos. Xunto a eles, había tamén unha serie de vitrinas con obxectos máis pequenos e documentación gráfica. A exposición foi o xermolo do `Museo del Pueblo Español` en 1934, actualmente o `Museo del Traje. CIPE`

2.4. Forma do ingreso

Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Herdeiros de Manuel Beiras García
Data do ingreso
2005

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925. En primeiro plano, dúas columnas. Á esquerda hai un manequín de home vestido cunha monteira, rematada en 4 pompóns, e unha almilla escura con remontas negras nos puños e no cóbado. No centro, outro manequín masculino sentado nun muro e apoiando as costas nun remate esférico de pedra. Viste pucho, almilla clara con remontas nos puños adornadas con semicírculos; parece levar un chaleco por riba da almilla. Nas pernas, leva cirolas, calzón curto, polainas e zocos; sostén unha gaita co roncón apoiado no seu ombro esquerdo e aos seus pés, no chan, un tamboril. Ao seu carón hai un manequín dun neno. Á dereita, un manequín feminino con pano da cabeza, atado na parte superior, un mantón posiblemente estampado e con flocos anoados e un mantelo cun enorme rodo de veludo e agremán bordado no centro.

Mención de responsabilidade, cuño de tinta no reverso: `Fotografía Prast y Chavarino. / Carrera S. Jeronimo 29 / Madrid`
No reverso, cuño de tinta: `Galicia`

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

3.3. Novos ingresos ou transferencias

Pode haber novas achegas

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Material

Papel

Descrición do estado de conservación:

Bo.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Exposición del Traje Regional e Histórico (1925 Madrid)

Indumentaria tradicional
Fotografías
Folclorismo

Museo del Traje (Madrid) . Centro de Investigación del Patrimonio Etnológico

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005500MBG/Foto-20//69Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible