1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-26//21
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
CFX/Foto-26//21
1.2. Título
[Retrato do grupo Os Campaneiros de Vilagarcía]
1.3. Datas
1960, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 303 x 400 mm. Papel. Bo.
2.1. Produtor-Institución
Pasarín, 1922-, Fotógrafo (Buceta Gómez, Francisco)2.2 Historia Institucional/Biografía
Pasarín é un fotógrafo nacido en Valga e afincado en Catoira
Os Campaneiros de Vilagarcía foi un cuarteto de gaitas de música tradicional galega formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984. Editaron un disco co nome do grupo en 1969
2.4. Forma do ingreso
Xesús Couceiro Bueno
Doazón
2002
3.1. Alcance e contido
Retrato dun grupo de homes na eira dunha casa, cuns palleiros de herba seca á dereita. Entre o grupo, hai catro homes vestidos de gaiteiros, con monteiras, chalecos, faixas, calzóns curtos, cirolas e polainas, compoñentes do grupo Os Campaneiros e que son, de esquerda á dereita: Ramón Valiñas Oubiña tocando a gaita, Celestino Carballa Villar co tamboril, José Carballa Villar, sen monteira nin instrumento e José Valiñas Oubiña, tamén coa gaita. Entre estes dous, hai outro home, vestido á moda da época, cun bombo. Diante hai un home de maior idade sentado nunha cadeira, vestido con chaqueta e punto e pantalón longo, pero cunha monteira posta; entre as mans, sostén un tronco dunha árbore, cunha boina na parte superior, como si fose unha gaita.
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Descrición do estado de conservación:
Bo.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Pontevedra-Vilagarcía de Arousa8.9. Datos adicionais. Cobertura
Pontevedra-Vilagarcía de Arousanº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000057 | CFX/Foto-26//21 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |