Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.97 - Manuel Beiras García
03.06.98.02 - Fotografías de indumentaria e outras

[Instalación de Galicia na Exposición do traxe de Madrid]
1925
1 fotografía(s) : Positivo en branco e negro ; 174 x 119 mm Bo.
0
Mención de responsabilidade, cuño de tinta no reverso: `Fotografía Prast y Chavarino. / Carrera S. Jeronimo 29 / Madrid`
No reverso, cuño de tinta: `Galicia`
Instalación correspondente a Galicia na exposición do traxe celebrada en Madrid en 1925, con dous manequíns, un masculino e outro feminino diante do pórtico dunha igrexa, cun arco de medio punto. Á dereita está o manequín do home, apoiado na columna da porta. Leva a cabeza descuberta, pois ten o pucho na man esquerda. Viste unha almilla co corpo negro e as mangas claras, adornada con remontas xeométricas nos puños e na parte inferior. Por baixo, leva unha camisa branca e unha faixa de cor clara, cos flocos colgado lateralmente. Nas pernas leva calzón curto sobre as cirolas, polainas e zapatos. Á dereita está o manequín feminino, de costas, axeonllada no chan. Leva unha mantela de pano cun ancho rodo de veludo e adornada con agremán bordado na parte central. De cintura para abaixo leva unha saia negra e un mantelo, tamén con rodo de veludo e agremán bordado.
Pode haber novas achegas
MBG/Foto-29//15
Mostrar nivel inferior