Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

[Retrato con cadaleito no cemiterio]
1937
1 fotografía (s) : Positivo en branco e negro ; 87 x 62 mm. Papel. Bo.
0
Segundo a información achegada polo doante, `a persoa que está na caixa faleceu na Guerra Civil, en Ricla (Serra de Albarracín) no ano 1937. Saíu da trincheira, no Frente, e unha bala perdida matouno. Xunto a el esta a persoa que figura na parte dereita da foto que se chamaba Manuel García, que foi o que deu conta da morte aos familiares, xa que eran veciños de Meira. Este señor enterrouno no cemiterio do pobo de Ricla e marcou cun sinal para que cando foran buscalo souberan onde estaba. Meu avó Rogelio era irmán e foi a persoa que se desprazou a Ricla nun taxi preparado cunha caixa de zinc para desenterrar o cadáver e traelo para Meira. As fotos foron sacadas polo meu avó no cemiterio de Meira.`
Retrato de tres mulleres cun cadaleito de madeira diante, no que xace unha persoa morta na Guerra Civil. As tres van vestidas de negro, con panos da cabeza e dúas delas pousan as súas mans no cadaleito. Á dereita está Jesusa, avoa do doante. No centro está Isabel, a viúva. E á esquerda, María. As tres mulleres eran irmás.
CFX/Foto-19//49
Mostrar nivel inferior