Descargar
Nivel de descrición:

Unidade documental

URL OAI

Niveis superiores:

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral
1. Area de identificación

1.1. Código de referencia

ES.GA.15078.AMPG./03.06.//CFX/Foto-20//09


Localización da documentación
España-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela

Sinatura

CFX/Foto-20//09

1.2. Título

[Visita de Francesc Cambó ao Panteón de Rosalía de Castro]

1.3. Datas

1917-09-11

1.5. Volume e soporte da unidade de descrición

1 postal fotográfica(s) : Positivo en branco e negro ; 82 x 133 mm. Papel. Regular.

2. Área de contexto

2.2 Historia Institucional/Biografía

Francesc Cambó i Batlle (1876-1947). Político e avogado catalán, de ideoloxía conservadora e catalanista.​ Cofundador e líder da Liga Regionalista, chegou a ser electo deputado en Cortes en varias ocasións. Foi ministro de Facenda e de Fomento en varios gabinetes do reinado de Afonso XIII. Ausente durante os anos da ditadura de Primo de Rivera, trala proclamación da Segunda República volveu á política e foi elixido deputado das Cortes republicanas. Tralo golpe de estado de 1936 e o estalido da Guerra Civil posicionouse a favor de Franco, contribuíndo economicamente á causa franquista. Con todo, acabada a contenda non regresou a España e instalouse en Arxentina, país no que residiu ata o seu falecemento en 1947.
Luís Porteiro Garea (1889-1918), Avogado e político galego, fundador das Irmandades da Fala. Foi catedrático na USC, concelleiro agrarista e presidente das Irmandades da Fala desta cidade. En febreiro de 1918 presentouse como candidato rexionalista a deputado en Cortes polo distrito de Celanova. Colaborou en diversas publicacións como El Radical, Gaceta de Madrid, Estudios Gallegos e A Nosa Terra.
Xesús Culebras Rodríguez (1879-1948). Veterinario, intelectual, científico e galeguista. Profesor auxiliar de Parasitoloxía da Escola de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela, logo chegou a catedrático na Escola Superior Central de Veterinaria de Madrid. Foi promotor e fundador da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela en maio de 1916. Militante... Ver máis

2.4. Forma do ingreso

Doazón
Familia Culebras Pérez
2018

3. Área de contido e estrutura

3.1. Alcance e contido

Grupo de catro homes diante da reixa de acceso á Igrexa de San Domingos de Bonaval. De esquerda a dereita: Rodrigo Sanz, Lois Porteiro Garea (fundador das Irmandades da Fala), Francesc Cambó (político catalán) e Xesús Culebras (fundador da Irmandade da Fala de Santiago de Compostela). Os catro van vestidos con traxe de chaqueta e gravata e levan sombreiros.

3.2. Valoración, selección e eliminación.

Non está prevista ningunha eliminación

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1. Condicións de acceso

Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego

4.2. Condicións de reprodución

Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.

4.4. Características físicas e requisitos técnicos

Descrición do estado de conservación:

Regular.

Características físicas e requisitos técnicos

0

5. Área de documentación asociada

5.1. Existencia e localización

Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego

5.2. Existencia e localización de copias

Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1. Nota do arquiveiro

Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021

7.2. Regras ou Normas

Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000

8. Puntos de acceso e datos adicionais

8.1. Puntos de acceso

Cambó i Batlle, Francesc, 1876-1947
Porteiro Garea, Lois, 1889-1918
Culebras Rodríguez, Xesús, 1879-1948

Irmandades da Fala
Igrexa de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela, A Coruña) . Panteón de Ilustres de Galicia

A Coruña-Santiago de Compostela

Fotografías

8.9. Datos adicionais. Cobertura

A Coruña-Santiago de Compostela

nº ControlSinaturaArquivoPrestar
0005208CFX/Foto-20//09Arquivo Museo do Pobo GalegoDisponible