1.1. Código de referencia
ES.GA.15078.AMPG./03.06.98.02.//AFF/Foto-23//081
Localización da documentaciónEspaña-Galicia-A Coruña-Santiago de Compostela
Sinatura
AFF/Foto-23//081
1.2. Título
[Retrato de Daniel Vázquez-Gulías Martínez]
1.3. Datas
1899, ca.
1.5. Volume e soporte da unidade de descrición
1 fotografía(s) cabinet : Positivo en branco e negro ; 135 x 67 mm sobre cartón 158 x 81 Regular. Recortada nun lateral e dobras nas esquinas.
Papel
2.1. Produtor-Institución
Pacheco Guedes, José, Fotógrafo . (Ourense ) Wachtl, Bernhard, Litógrafo (Viena)2.2 Historia Institucional/Biografía
O portugués José de Sousa Guedes Pacheco chegou a Ourense cara a 1880. En 1889 ten estudo na Rúa Pelayo 20; en 1896 trasládase á rúa Alba 13 e finalmente en 1899 ao número 9 da mesma rúa. Era irmán do tamén fotógrafo Xaime Pacheco. Tivo dous fillos, José (1902) e Augusto (1908) quen se fixo cargo do seu estudo en 1947.
Daniel Vázquez-Gulías Martínez (1869-1937) foi un arquitecto que desenvolveu a sua actividade profesional na cidade de Ourense, a onde chegou en 1898. Era o pai de Celso Vázquez-Gulías Álvarez, que foi alcalde de Ourense.
2.4. Forma do ingreso
Forma xurídica do ingreso
Doazón
Fonte do ingreso
Antonio Fraguas Fraguas
Data do ingreso
1999
3.1. Alcance e contido
Busto dun home co pelo curto e bigote. Viste camisa branca, gravata de lazo negra e chaqueta negras.
No reverso, leva unha nota manuscrita a bolígrafo: `Daniel Vazquez-Gulias Martínez`
Mención de responsabilidade, no anverso do soporte secundario, impreso: `José Pacheco - Orense / Calle de Alba 9`
Mención de responsabilidade, no reverso do soporte secundario, litografado: `Fotografía / Artística / de / Jose Pacheco / Calle de Alba / 9 / Orense / Se conservan los chliches `
Mención de responsabilidade do cartón, no reverso: `Bernhard Wachtl, Wien`
3.2. Valoración, selección e eliminación.
Non está prevista ningunha eliminación
3.3. Novos ingresos ou transferencias
Pode haber novas achegas
4.1. Condicións de acceso
Consulta previa cita co Arquivo do Museo do Pobo Galego. Trátase dos fondos xerados pola propia familia titular da documentación, aos que se lle aplica a restrición marcada pola lei vixente. Para a consulta da obra orixinal séguese á lexislación da Propiedade Intelectual, así queda excluída a copia da documentación consultada. O acceso está suxeito á lexislación vixente: Lei 16/1985 do Patrimonio Histórico Español, Lei 30/1992 de Rexime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, Lei 15/1999 de Protección de datos de carácter persoal, lei que non limita o acceso á documentación que, segundo establecen as Lei 16/1985 e Lei 7/2014 de arquivos e documentos de Galicia, teña a condición de histórica, a mais o propio Reglamento da Biblioteca do Museo do Pobo Galego
4.2. Condicións de reprodución
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no Regulamento do Arquivo do Museo do Pobo Galego art. 56 e 58 do Estatuto do Arquivo do Museo do Pobo Galego. Acceso libre coas restricións establecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule arquivo do Museo do Pobo Galego. Para aqueles documentos dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
4.4. Características físicas e requisitos técnicos
Material
Papel
Descrición do estado de conservación:
Regular. Recortada nun lateral e dobras nas esquinas.
Características físicas e requisitos técnicos
0
5.1. Existencia e localización
Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego
5.2. Existencia e localización de copias
Non existen copias
6.1 Nota xeral
Bernhard Wachtl, autor do cartón, foi un litógrafo austríaco, cuxa imprenta tiña a súa sede en Viena. A súa obra está datada principalmente na segunda metade do século XIX e se pode rastrexar tanto en Austria como en paises mediterráneos
7.1. Nota do arquiveiro
Descrición realizada por Belén Sáenz-Chas Díaz en 2021.
7.2. Regras ou Normas
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Versión 2ª, febreiro 2010 ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
8.1. Puntos de acceso
Vázquez-Gulías Martínez, Daniel, 1869-1937 Fotografías Wachtl, Bernhard, Litógrafo (Viena)nº Control | Sinatura | Arquivo | Prestar |
---|---|---|---|
0000011 | AFF/Foto-23//081 | Arquivo Museo do Pobo Galego | Disponible |